O telescopio Kepler da NASA ten descuberto un antigo sistema estelar formado por unha estrela e cinco planetas de tamaño da Terra, que ten máis de 11.000 millóns de anos, informa a revista 'Astrophysical Journal'.
A estrela, denominada Kepler-444, encóntrase a 117 anos luz da Terra e é un 25 por cento máis pequena que o sol. Os planetas detectados varían de tamaño entre Mercurio e Venus, pero todos xiran arredor da estrela Kepler-444.
Os científicos afirman que non pode existir vida nestes planetas, xa que están demasiado preto da estrela e completan unha órbita en só 4-9 días, razón pola que as temperaturas nas súas superficies son extremadamente altas.
A existencia destes planetas demostra a posibilidade de que planetas similares á Terra puidesen formarse durante a primeira época do universo, que se remonta a 13.800 millóns anos. Os científicos tampouco descartan a posibilidade de que o sistemaKepler-444 se formase fóra da nosa galaxia.
Non é a primeira vez que o satélite artificial lanzado pola NASAdetecta planetas. Kepler descubriu a semana pasada unha anana vermella orbitada por tres planetas do tamaño da Terra. Un destes corpos celestes podería ter temperaturas bastante moderadas para albergar vida e auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario