Os xigantes e pesados dinosauros transformáronse en pequenas e áxiles aves tras un proceso de encollemento que se estendeu ao longo de 50 millóns de anos, un tempo máis extenso do que se cría ata agora. Esta é a principal conclusión do traballo que científicos das universidades de Adelaida (Australia), Boloña (Italia),Southampton (Reino Unido) e Debrecen (Hungría) publican esta semana na revista Science.
A liñaxe evolutiva das actuais aves voadoras empezou hai ao redor de 210 millóns de anos a finais do Triásico. A partir dese período, o peso corporal da orde dos dinosauros terópodos, do que descenden as aves, foi diminuíndo progresivamente dende os 163 kg aos 0,8 kgdo primeiro paxaro coñecido, o Archaeopteryx, con carácteres intermedios entre os dinosauros emplumados e as aves modernas. Sempre existiu gran controversia acerca da orixe deste xero debido á ambigüidade dos seus trazos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario