miércoles, 3 de diciembre de 2014

Investigadores reconstrúen por primeira vez os epigenomas dun neandertal e dun denisovan

Comparando os seus patróns epixenéticos cos dos humanos modernos, puideron identificar os xenes cuxa actividade difire entre esas especies, e que marcan os cambios evolutivos que configuraron a nosa especie, é dicir, que nos fixeron ser como somos actualmente.

Ao desentrañar como se regulaban os xenes nos neandertales e osdenosivares, este estudo achega por primeira vez datos acerca da evolución da regulación dos xenes nos humanos e abre unha ventá á exploración xenética en especies que se extinguiron hai decenas de miles de anos.

No traballo, coordinado por Liran Carmel, da Universidade de Xerusalén, participou a Unidade de Epixenética do Cancro do Instituto Universitario de Oncoloxía do Principado de Asturias Obra Social Cajastur (Universidade de Oviedo), dirixida polo doutorMario Fernández Fraga, investigador do CSIC-CNB.

O profesor da Universidade de Cantabria e do Instituto de Investigación Valdecilla (IDIVAL), José A. Riancho, colaborou tamén nos traballos desenvolvidos polo equipo internacional.

"Algunhas das diferenzas nos patróns epixenéticos afectan a xenes relacionados co desenvolvemento dos ósos e poderían explicar as diferenzas entre o esqueleto desas especies antigas e os humanos actuais", comenta Fernández Fraga.

Outras afectan a xenes relacionados co sistema cardiovascular e o sistema nervioso, os cales se asociaron con enfermidades como oalzhéimer ou a esquizofrenia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario